es gl en
LCG arquitectura | estudio
Jorge García Anta
Fernando Eiroa Lorenzo

estudio

LCG arquitectura comeza en 2004 por mor de pequenos encargos privados ao mesmo tempo que para poder competir en concursos de ideas como proceso da aprendizaxe paralela xa iniciado desde a época de estudos na ETSAC.

Entendemos a arquitectura como a procura de espazos a escala coa súa contorna, as súas necesidades e os seus recursos. Estudamos os proxectos desde a súa vinculación co territorio, en diálogo cos promotores e en equilibrio cos orzamentos dispoñibles. Aspiramos a construír con rigor, criterio e oficio.

O desenvolvemento do traballo diario é unha continua aprendizaxe, sempre inconcluso. O interese pola profesión serve de motivación. A principal intención será explorar a capacidade que teñen os proxectos para poñer en valor os lugares de actuación e viceversa.

Atráenos a visión do artista como artesán, como a persoa que exerce un oficio.

O optimismo será unha ferramenta para empregar, co fin de atopar vías alternativas de traballo.

A autocrítica permite ter diferentes perspectivas das situacións e empuxa a mellorar.

Temos o convencemento de entender a arquitectura que pensamos como espazos contedores de actividade. As nosas intervencións, en último termo, son o pano de fondo no que se desenvolve a vida. Por iso achegámonos, cada vez máis, cara ás respostas flexibles.

LCG arquitectura | estudio
Jorge García Anta
Fernando Eiroa Lorenzo

Colaboradores

Xabier Barral (co-fundador), Miguel Veira, Rebeca Eiras, Luz Lamas, Julia Rey, Alberto Seoane, Alejandro Blanco, Lara Nogueira, Teresa García. Actualmente: Rafael Calvo

Recoñecementos

01/2019
Mención especial no concurso de proxectos con intervención de xurado no Baluarte da Bandeira e bóvedas anejas para o seu uso como centro de interpretación das Murallas Reais de Ceuta

07/2018
Mención honorífica no concurso de proxectos con intervención de xurado para a rehabilitación do Palacio de Cortiguera para usos culturais en Santander

05/2018
Mención no concurso de ideas para a remodelación do antigo grupo escolar Divino Mestre como Casa da Cultura do municipio de Los Molinos

01/2016
Realización catalogada pola Fundación Arquia Próxima. Futuro Imperfecto. Ordenación Festival do Norte 2014 na Illa de Arousa

07/2015
Accésit no concurso de ideas, con intervención de xurado, para a redacción do anteproxecto de reforma e transformación do edificio do actual Mercado Municipal de Moraña

06/2015
Primeiro premio no concurso Europan 13: The Adaptable City 2 en Varsovia (Polonia)

06/2015
Mención especial no concurso Europan 13: The Adaptable City 2 en Santo Tirso (Portugal)

01/2015
Mención especial Mención especial no concurso para a contratación do proxecto de arquitectura da rehabilitación da Reitoral de Santa Cristina de Cobres, en Vilaboa.

05/2014
Premio Premio arquitectura efémera XVI Premios COAG. Ordenación Festival do Norte 2014 na Illa de Arousa

04/2014
Segundo posto Segundo posto no procedemento negociado para a execución das obras de reforma dun local municipal sito no Polígono 4 Papagaio-Tabares do PEPRI co obxecto de destinalo a viveiro de empresas.

03/2014
Segundo premio Segundo premio no Concurso de Ideas para o Acondicionamento Exterior dos Depósitos de Auga de EMALCSA (Lote núm. 1: Depósitos elevados).

01/2014
Accesit no Concurso de Ideas para a Remodelación da Praza da Constitución e Rúas Contiguas de Manzanares.

09/2013
Finalista no Concurso de Ideas para a Remodelación da Praza do Concello de Sober e da súa contorna.

11/2012
Accesit no concurso de ideas para a selección dunha proposta de espazo escénico da obra Eurozoone, convocado polo grupo Chévere coa colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

07/2011
Segundo premio no concurso de anteproxectos para a rehabilitación do antigo Cinema París do Concello de Muros

02/2010
Primeiro premio Primeiro premio no Concurso para o Logotipo da Asociación de Amigos da Música de Salceda de Caselas

12/2009
Primeiro premio no concurso para a definición da exposición dos premios GranDeArea 2009 na praza do Pobo Gallego, fronte á sede da delegación en Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

05/2005
Primeiro premio no 2º Concurso de Arquitectura en Termoarcilla organizado polo Grupo Campo

05/2004
Primeiro premio eno 1º Concurso de Arquitectura en Termoarcilla organizado polo Grupo Campo