es gl en

Ordenación do Festival do Norte 2014

A Illa de Arousa. Xuño de 2014
Autores: Jorge García, Fernando Eiroa
Colaboradores: Rebeca Eiras
Promotor: Producións independentes culturais, S.L.
Estado: Construído e reciclado. Premio COAG 2012-2014 de arquitectura efémera
Ordenación do Festival do Norte 2014

Tras 13 anos celebrándose na localidade arousá de Vilagarcía, o festival trasládase á paradisíaca Illa de Arousa. Esta renovación do concepto de festival pretende asumir unha filosofía relacionada coa promoción da ecoloxía e da eficiencia. Por iso, utilizarase madeira na ordenación do recinto e no deseño dos seus elementos auxiliares.

A escaseza de tempo para desenvolver un proxecto e a súa posterior montaxe e desmonte, deriva a decisión de traballar con palés mediante un sistema construtivo por fiadas horizontais que permite construír muros e demais pezas.

O sistema combina as vantaxes estruturais tradicionais do palé coa inercia e rixidez conseguida cunha xeometría crebada. Todo iso potencia a estética da repetición de elementos iguais.

O proxecto pretende que os mesmos elementos actúen como estrutura, cerramento e acabado.

Todo o sistema é reciclable e sostible debido a que as pezas se utilizan en réxime de alugueiro, de modo que no proceso de montaxe e desmonte recuperarase un 90 % do material empregado. A obra persegue xerar un sistema urbano de deseño sostible baseado nun concepto construtivo no que se destaquen os aspectos formais, cun enfoque ambiental, económico e de integración coa contorna.

Ordenación do Festival do Norte 2014 Ordenación do Festival do Norte 2014 Ordenación do Festival do Norte 2014 Ordenación do Festival do Norte 2014 Ordenación do Festival do Norte 2014